O BNG solicita un novo proxecto de orzamentos
A formación nacionalista critica a falta de actividade política no consistorio ourensá: “somos o único concello que non se reuniu para analizar a situación"
O BNG propón a elaboración dun novo proxecto de orzamentos para que dea resposta á nova situación de crise. Dende a formación nacionalista sinalan que o proxecto pendente de aprobación carece de sentido ante o cambio de escenario e a situación de alarma e a paralización da actividade económica. Asemade, critican ao grupo de goberno e ao alcalde por non ter convoca ningunha xunta de portavoces e de non manter a actividade política municipal.
Desde a organización nacionalista veñen de solicitarlle ao executivo municipal un novo proxecto de orzamentos para o concello de Ourense. “O proxecto de orzamentos era para un escenario completamente diferente e nesta situación de pandemia hai que traballar nun novo orzamento que responda ao novo contexto” sinalou o voceiro do BNG, Luis Seara. A formación nacionalista apuntou que a redacción dun novo documento co orzamento pensado e adaptado á nova circunstancia axudaría a paliar a crise económica e social que se producirá após o estado de alarma.
“Puidemos esperar seis anos en ter uns orzamentos aprobados, podemos esperar dous meses máis e adiantarnos ao que ven” apuntou Seara. O BNG solicítalle ao cogoberno municipal que se poña a traballar dende xa nun novo orzamento “retrotraendo o proceso ao inicio” adaptado á realidade que se atravesa e “pensado para as maiorías sociais deste concello”.
Por outra banda, o voceiro municipal do BNG criticou a nula actividade política no consistorio de Ourense e a falta de comunicación por parte do cogoberno municipal coa oposición. “Levamos máis de tres semanas desde a declaración do estado de alarma e aínda non se convocou ningunha xunta de portavoces para analizar esta nova situación” incidiu Seara. O BNG sinalou que a responsabilidade do alcalde é a de “manter a corporación activa e iso para por ter, polo menos, unha xunta de portavoces de maneira telemática. É inconcibible que sexamos o único concello do país que non se tivera reunido” apuntou o voceiro,
“Solicitámoslle, por escrito, que convoque con carácter inmediato unha xunta de portavoces para analizar a situación dos distintos servizos do concello de Ourense con datos sobre: a situación das concesións administrativa e as súas traballadoras, a situación das empregadas públicas e mesmo unha valoración do alcance e validez das medidas