Parlamento

BNG denuncia incumprimentos na xestión do Spa do Viño de San Clodio

A Xunta comprométese a garantir o mellor servizo turístico no Spa de Viñoterapia

Paco Sarria

Ourense |

BNG denuncia incumprimentos na xestión do Spa do Viño de San Clodio
BNG denuncia incumprimentos na xestión do Spa do Viño de San Clodio | onda cero ourense

O Bloque Nacionalista Galego denunciou incumprimentos na xestión do Spa do Viño do Mosteiro de San Clodio (Leiro) e instou á Xunta de Galicia a fiscalizar a concesión, segundo denunciou na Comisión 6ª do Parlamento galego a Nacionalista Noa Presas.

A deputada denunciou que, ó igual sucede co Hotel Monumento de San Clodio; en mans da mesma empresa concesionaria; o Spa do Viño permañece pechado durante boa parte do ano, malia que soamente estaría autorizado a facelo entre o mes de novembro e o Entroido.

Presas acusou ó PP de "tomar polo pito do sereno" ó Parlamento ó ocultar a información solicitada polos nacionalistas para exercer o seu labor de control.

Á súa vez a Xunta de Galicia, ó través do director de Turismo de Galicia Xosé Merelles, comprometeuse a seguir garantindo o mellor servizo turístico no Spa de Viñoterapia de Leiro, sinalando que están en permañente diálogo coa empresa concesionaria e co propio concello.

O centro foi aberto no 2018 con carácter pioneiro para contribuir a dinamizar turísticamente o interior da nosa Comunidade favorecendo o fluxo de turistas á provincia de Ourense.