Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

A xornada no deporte ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do deporte de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 18.01.2022 18:52

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

CAM Enrique Soler 79-81 Club Ourense Baloncesto

Novena vitoria da tempada para un Club Ourense Baloncesto que se é certo que sembrou moitas dúbidas na derrota do mércores ante Cantabria, rival ademais directo na loita polo ascenso, solventou unha parte delas cun triunfo sufrido en terras melillenses. Comezaron mellor os de Armando Gómez que liderador por un fantástico Gregg Gant que con 22 puntos e 6 de 6 dende a liña de 3, foi clave para o triunfo dos ourensáns. Os locais apretaron para marchar ao descanso só un tanto por debaixo. No terceiro cuarto o Club Ourense Baloncesto amosou a súa mellor cara e marchou cunha vantaxe de 9 puntos, sen embargo cando todo parecía sentenciado, os ourensáns baixaron o pistón, Cam Soler meteuse no encontro e todo se decidiu nos instantes finais. Un triunfo que permite os ourensáns seguir na parte alta da táboa.

A vindeira xornada o COB recibe o sábado 19:00 horas ó Morón no Pavillón dos Remedios con acceso sólo para abonados.

Según informa Club Ourense Baloncesto para poder presenciar o partido no mítico recinto ourensáns deberán cumplirse os seguintes requisitos:

  • Carné de abonado
  • Certificado de vacunación ou test negativo ou certificado de recuperación.

[[H4:Solgaleo Bosco 77 – 75 Obradoiro Silleda]]

Primeiro triunfo do ano e sétimo da tempada para un Solgaleo Bosco que segue medrando na táboa, mellorando o seu rendemento e que nesta ocasión venceu sobre a bocina a un compricado rival que se atopaba na parte alta da clasificación. Os ourensáns dominaron no primeiro e último cuarto e sufriron no segundo e terceiro, pero estiveron liderados por un gran Josep Cera que con 17 puntos foi clave na vitoria dos locais. O Solgaleo xa é noveno.

A vindeira xornada, o sábado 22 de xaneiro, o Solgaleo Bosco Salesianos xoga as 18:30 en terras vallisoletanas fronte a La Flecha.

Ensino Lugo 92-66 Codigalco Carmelitas

Primeira derrota do ano para o Codigalco Carmelitas no seu regreso a competición. As de Suso Garrido fixeron un bo encontro ante un dos favoritos e de feito chegaron ao final do primeiro cuarto por diante. As lucenses marcaron o ritmo na segunda e castigaron o aro rival para marchar cunha vantaxe de 9 puntos ao descanso. Tralo paso por vestiario meterían a directa e finalmente o Carmelitas nada puido facer para traer unha vitoria da cidade da muralla.

O Codigalco Carmelitas son terceiras na táboa e a vindeira xornada o sábado 22 as 6 fronte ao Peleteiro de Santiago.

Fútbol Sala

Suspendidos os encontros do Ourense Envialia e o Cidade das Burgas por mor de casos de coronavirus.

Ourense Envialia B 5-5 Txantrea

Empate do Ourense Envialia “B” no seu regreso a competición. Un punto importante nunha cancha sempre compricada e nun partido que estivo moi desputado. 3 goles de Zaide, un de María e outro de Susana permitiron as ourensáns sumar un valioso punto.

A vindeira xornada visitan ao 5 Coruña o sábado as 18:00. O Cidade das Burgas recibe o Viaxes Amarelle nos Remedios as 17:00.

Leis de Pontevedra 7-1 Sala Ourense

Derrota dun Sala Ourense que aguantou na primeira metade e na que foi superado polo apabullante dominio do Leis na segunda. Tras un inicio de moito tanteo, Bermejo adiantaba os de Óscar Vivián no minuto 14, pero pouco lle duraría a ledicia aos ourensáns, posto que Cley igualaba minutos despois. O Sala perdonou o 1-2 e Cley anotaba dous tantos máis que puñan o 3-1. Vivián saiu con ataque de 5 e os ourensáns volveron perdoar o 2-3 o que foi o preludio da goleada final dos pontevedreses.

Duodécimos con 18 puntos A vindeira xornada reciben o Universidade de Valladolid o domingo ás 11:30 no Pavillón dos Remedios.

Balonmán

Granitos Ibéricos Carballal 26-25 Carnes do Ribeiro

O Carnes do Ribeiro comeza o 2022 con derrota polo mínima na cancha do Carballal, nun encontro que estivo moi desputado e que rematou por decidirse nos instantes finais. Os locais chegaron moi tocados polas baixas, cousa que aproveitaron os de Félix Mojón para porse por diante nos minutos iniciais. A pesar de todo os locais remontarían e chegarían ao descanso cun gol de vantaxe. No segundo acto o Carballal apretou, pero o Carnes do Ribeiro non se foi do encontro e a piques estivo de rascar un punto nos minutos finais.

Décimos na táboa con 10 puntos. Vindeira xornada o sábado as 5 en O Consello ante Chapela.

Rugby

Mazabi Santander 52-0 Campus Ourense

Dura derrota do Campus Ourense ante un dos favoritos da competición que amosou dende o comezo porque está loitando con Belenos polo liderato e que leva toda a tempada sen coñecer a derrota, sumando un único empate. Os cántabros impuxéronse dende o comezo e aínda que os de David Monreal plantaron cara e venderon cara a súa pel, co paso dos minutos rematou por dar vantaxe dabondo os locais que con gran ímpetu sentenciaron o encontro.

O Campus Ourense é quinto con 19 puntos. A vindeira xornada enfréntanse ó Clínica Colina Palencia.

Voleibol

D'Elhuyar 0-3 Aceites Abril Voleibol Ourense

Vitoria importante do Clube Voleibol Ourense que venceu con claridade o D'Elhuyar en terras rioxanas. As de Pablo Pérez dominaron o saque e foron moi superiores no ataque. Exemplo claro foron as vantaxes nos tres setes nos que se impuxeron por 18-25; 18-25; e 20-25. As ourensás pelexan xa por reclamar tres puntos que podemos considerar roubados pola federación tras darlle o encontro por perdido ante Babieca, xa que as burgalesas alegaron non dispor de cancha para xogar en Burgos ningunha das datas previstas e a pesar de que se suspendera por casos positivos no equipo burgalés.

Seguen segundas na táboa con 26 puntos. A vindeira xornada enfróntanse ao Bruxas o sábado as 20:00 nos Remedios.

E tamén ... Fútbol