Onda Deportiva Ourense - Fútbol

A xornada no fútbol ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do fútbol de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 22.11.2021 11:54

Onda Deportiva Ourense - Fútbol

2 Federación

Novo empate do Arenteiro (1-1) frente ó UD Llanera, o sexto do que vai de tempada, nun encontro que volveu a ter a mesma tónica xeral das últimas xornadas. Un Arenteiro que foi moi superior na primeira metade e que se adiantou gracias a un tanto de Zanelli. Os carballineses puideron sentenciar na primeira metade, pero Zanelli novamente e Adri Castro perdoaron. O Arenteiro deu un paso atrás na segunda metade e tras varios avisos do Llanera, o tanto de Omar no minuto 82 privou os da vila do Arenteiro de sumar 3 puntos. E ata puideron quedar sen ningún, se a fortuna non os acompañase.

Deste xeito suman 12 puntos, pero métense 14º, en postos de descenso a 1 punto da salvación.

Vindeira xornada vs Gimnástica Segoviana en Espiñedo.

3 Federación

O sábado debía disputarse no campo do Couto o partido que enfrentaba ó Ourense CF co Arzúa pero un caso de Covid-19 nos arzúans adiaba o partido.

Na tarde do domingo o CD Barco acadaba unha nova victoria (0-2) despois de impoñerse ó Juvenil de Ponteareas con goles de Javi Duque e outro en propia meta dos ponteareáns.

Os valdeorreses son terceiros con 23 puntos a dous do líder, o Somozas.

O Atlético Arnoia caía, e xa a oitava derrota que segue sen sumar e cada vez está máis lonxe da salvación, da que o separan xá a 8 puntos. O Choco adiantouse na primeira metade e fixeron o segundo xa na segunda. O Arnoia segue sen collerlle o pulso a categoría pero moi lonxe de rendirse anuncia que con trabalo "daranlle a volta a situación"

Preferente Galicia

Sporting Guardés 0-5 UD Ourense

Triunfo incontestable dunha UD Ourense que xa dende o comezo fixo méritos para levar a vitoria. Aos 9 minutos, Isi cruzaba ao pao longo o primeiro dos cinco tantos da tarde tran un gran pase de Gabi Sanín. Minutos despois era Varo o que facía o segundo cun remate pola escadra. Tralo descanso chegaría a sentenza con Champi e Litos de protagonistas, primeiro inventándose unha gran xogada que culminaba Xinzo, pouco despois era Litos o que asistía a Champi no cuarto da tarde e o quinto sería obra do propio Litos tras roubar o coiro na área rival. Charles tivo a ocasión de inaugurar o seu casilleiro de goles na tempada con un penalti que detivo o gardarredes do Guardés. Nova vitoria que consolida o liderato ourensanista.

Unha vez máis a afección vermella acompañou ó seu equipo nos desplamentos, neste caso a terras de A Garda.

Polígono 0-2 Nogueira

Dous tantos de Brais Pérez, un en cada metade, servíronlle o Nogueira para superar a un combativo Polígono, que tentou rascar un punto, pero que sigue acumulando derrotas na táboa. Os de Luintra conseguen reatoparse co triunfo e escalan posicións.

UD Barbadás 2-2 Porriño

Empate do Barbadás ante o Porriño nun partido moi igualado e competido ata o final. Os azulóns tiveron uns 15 minutos de inicio moi malos onde o partido quedou case visto para sentencia. Chery en propia e Maykel permitían os industriais manda no marcador ao descanso. Toño acurtaría distancias de penalti no minuto 53, e con case todo rematado, no 97, chegaba o tanto do empate obra de Iago Varela tras marchar de dous defensores. 2 expulsados no Porriño e Chacón no 99 no Barbadás.

Velle 2-2 Atios

Partido no que se adiantaban os locais na primeira metade, pero o Velle igualaba no marcador gracias a un tanto de Adrian. No 70, Raúl Dinis adiantaba os de Peluso que verían como Atios acadaba o empate 7 minutos despois.

O CD Velle ocupa a 11ª posición con 9 puntos.

O Verín CF tocoulle descansar esta semana.

Fútbol Femenino

A Escola de Fútbol Femenino Rosaía acadaba unha gran victoria ó impoñerse por 0-4 nas Travesas ó Balaídos