MÁS DE UNO OURENSE

Entrevista a Manuel Pardo, Delegado Territorial da Xunta en Ourense

A Xunta agarda que a reparación da ponte de Xunqueira de Espadanedo sexa cuestión de meses ao tempo que anuncia apoio aos gandeiros pola EHE

Jesús Álvarez | Paco Sarria

Ourense | 20.08.2024 11:07

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, situou no último trimestre do ano a reparación da ponte de Xunqueira de Espadanedo que dende hai meses motiva desvíos alternativos para o tráfico. Pardo explicou ó respecto que a obra é "complexa".

O delegado territorial tamén abordou en "Más de Uno Ourense" asuntos como a reunión con gandeiros de Viana con motivo da preocupación xerada pola EHE na cabana gandeira ourensá da que dixo que "está moi afectada", engadindo que a administración autonómica "ten habilitadas axudas para a morte de reses, agardando un decreto de axudas do goberno central".

A resolución de axudas para a criación de Casas do Maior foi outro dos asuntos abordados na entrevista xunto co impulso e mellora dos viveiros industriais e a mellora no treito urbán no concello de Beariz e na travesía de Liñares en Avión.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora