2021-2022 a temporada do ascenso do deporte na cidade de Ourense
A tempada pasada era CD Arenteiro que capitalizaba esa alegría ó ascender á 2 RFEF.
Este ano a festa estivo en Ourense por partida triple.
Cronoloxía dun ano de ascensos
15 de maio de 2022, a UD Ourense ascende en Meis a 3 RFEF
A tempada pasado os vermellos caían á Preferente Galicia. Este ano con unha temporada practicamente perfecta acadaban o ascenso no partido co Pontevedra B acompañado de preto de 600 seareiros en Meis.
Sábado 21 de maio de 2022, Club Ourense Baloncesto ascendía no Paco Paz á Leb Ouro
A tempada pasada tamén foi moi cruel para Club Ourense Baloncesto que caía no último segundo con un triple na súa casa e por un antiguo xogador do COB. Este ano os ourensáns recuperaban a categoría polo camiño do play off despois dunha temporada con picos. Momentos moi bos e outros non tanto. O final, o club acadou o obxectivo e retornou a categoría que, como mínimo, lle corresponde.
Sábado 21 de maio, o Ourense CF acendía nas Rozas á 2 RFEF
O Ourense CF levaba varios anos chamando ás portas do cambio de categoría. Hai dous anos foi o Compostela o que se levou o premio nun último partido disputado en Balaídos. Este ano, despois dunha excepcional temporada, rematou a liga regular nun segundo posto que lle enfrentou sucesivamente ó Fabril Deportivo, o CD Barco e a AD Llenerense. O equipo adestrado por Rubén Domínguez superou ós tres rivais e acadou o merecido ascenso á 2 RFEF.
Tempada 2022/23
- ¿Qué implica o éxito deportivo para a cidade?
- ¿Pode Ourense "dar de comer" a 3 clubes na élite?
- Axudas directas institucionais ou por concorrencia competitiva
- ¿E posible a fusión de Ourense CF e UD Ourense?
Estas é outras moitas cuestións foron respondidas polos presidentes dos 3 clubes ourensáns que nestos días están de celebración despois de acadar o cambio de categoría.