O PP aproba en solitario os orzamentos da Deputación ante o reproche da oposición que os considera "improductivos"

A maioria do PP na deputación de Ourense aprobou hoxe os orzamentos da institución para o ano 2014 que ascenden a 73,7 millons de euros, que supoñen un 11% máis de incremento en relación co ano 2013. A deputación incrementa un 40% os recursos propios destinados a obras e servizos que ascenderán a 14,1 millóns de euros o que supón un incremento dun 61% en relación a este ano. O capítulo de persoal, un dos mais polémicos na institución nos últimos anos descende un 37,5 % .

ondacero.es

Ourense | 29.11.2013 14:16

Manuel Baltar
Manuel Baltar | Atresmedia

A maioria do PP na deputación de Ourense aprobou hoxe os orzamentos da institución para o ano 2014 que ascenden a 73,7 millons de euros, que supoñen un 11% máis de incremento en relación co ano 2013. A deputación incrementa un 40% os recursos propios destinados a obras e servizos que ascenderán a 14,1 millóns de euros o que supón un incremento dun 61% en relación a este ano. O capítulo de persoal, un dos mais polémicos na institución nos últimos anos descende un 37,5 % .
En 2012 habia na institución uns 1100 traballadores e agora algo mais de 700 según datos do equipo de gobernó que defendeu que a mellora neste capítulo é non só cunatitutativa senon cualitativaEn 2014 o grupo de gobenro do pp incrementa as axudas sociais aos concellos situándose o orzamento en 1,4 millons de euros. Nos orzamentos figuran tamén financiamento para termalismo e medioambiente así coma un plan para emprendedores  
O deputado de psoe, Ignacio Gómez aproveitou para lembrarlle ao presidente o caro que sae ter aebertas as portas deputacion e asegurou que os orzamentos non son "productivos" para a provincia. Para o voceiro do BNg non son orzamentos da remontada senon do expolio patrimonial e da privatización que xa comezou co servizo de lixo Os nacionalistas lembraron que a deputacion debe a proveedores mais dun millón de euros algo que consideraron unha “hostilidade”. Asemade reiteraron a sua petición de que desapareza o Inorde e reprocharon a “teimosia de Baltar”. Tamén criticaron por considerar coma "aberrante" que se contemplen 3,5 millons de euros para pagar facturas agochadas no caixón.

A oposición asegurou que non quería ser partice duns orzamentos que "só melloran as condicions de vida dos afins ao pp". Asemade discrepou das intencións de privatizar servizos coma o Teatro Princicipal, o Centro Cultural ou o pazo dos deportes ao que replicou o presidente Manuel Baltar asegurando que soamente se están "explorando vías". Tamén negou Baltar que houbese un expolio do patrimonio. Sobre os orzamentos insistiron os populares que son os posibles na situación actual con prioridades nos servizos sociais e cooperación cos concellos. O debate derivou cara a investigación xudicial do caso das depuradoras ao que os populares replicaron sinalando que que queda moito camiño por andar e que o equipo de goberno traballa para que a provincia non saia desfavorecida ca perda de fondos europeos. Neste senso o presidente Baltar insistiu en que "non implica nada nen aporta novidades" o feito de que a fiscalía do estado pasase o informe da Olaf á fiscalía do estado.