O alcalde popular do concello ourensá de Barbadás, Xosé Manuel Freire Couto e o seu tenente alcalde, Manuel García prestaban declaración esta mañá nos xulgados ourensáns por unha denuncia do Psoe por presunta malversación e negociacións prohibidas a funcionarios públicos. Á entrada aos xulgados Freire eludía opinar sobre a denuncia asegurando que sería dentro daría as correspondentes explicacións.
Dende o Psoe lembraron que a orixe da denuncia contra Freire e o seu tenente alcalde é un paso máis no que consideran está a ser un "presunto enriquecimento ilícito" dentro dunha suposta "trama de corrupción urbanística". Neste senso a edil socialista Victoria Morenza lembrou que acudiron ao xulgado porque no pleno do mes de xullo ambos políticos do partido popular votaron a favor dunha modificación urbanística no AR 10 que permitía dar mais edificabilidade nuns terreos onde as suas familias teñen titularidade.
A sociacialista Victoria Morenza afirmaba ás portas do pazo de xustiza que Freire e García utilizaron "información privilexiada" e anunciaba que non descartan unha ampliación de denuncia por outros delictos. Ás portas dos xulgados, un colectivo de persoas da denominada Asamblea Aberta de Barbadás desplegaba unha pancartas contra a corrpción. Nunha delas podía lerse a frase “non pode ser que os pobres entren na cadea e os corruptos estén no poder”.