Jóvenes Empresarios en la Onda

AJE Ourense continúa sumando para o futuro

Achegámonos ás últimas actividades organizadas por esta asociación, ao tempo que seguimos descubrindo a experiencia persoal e profesional de xóvenes empresarios ourensáns.

ondacero.es

Ourense | 20.05.2019 18:43 (Publicado 20.05.2019 14:15)

Jóvenes Empresarios en la Onda
Jóvenes Empresarios en la Onda | Onda Cero Ourense

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense segue coas súas numerosas actividades, entre as máis recentes atopamos a sinatura dun compromiso empresarial con grandes empresas ourensás, que tivo lugar na abadía de Caldaria en Arnoia este 10 de maio. Tratouse dun acto simbólico deste pacto de presente e futuro, unha colaboración que xa existía pero á que quixeron darlle pulo. “Queremos conseguir algo doble: un recoñecementos dos xóvenes empresarios a aquelas empresas que fai anos demostraron que nesta provincia se pode crear emprego, pagar impostos e xerar futuro; e tamén un compromiso destas grandes empresas cos xóvenes que hoxe inician a súa actividade empresarial, con medos, algo natural e lóxico, para que cando chamen á súa porta os escoiten”, explicounos o presidente de AJE Ourense, Lois Babarro.

Así mesmo, coa campaña electoral para as municipais do 26 de maio recén iniciada, os xóvenes empresarios organizaron un almorzo electoral o 13 de maio cos diferentes candidatos á alcaldía de Ourense, co obxectivo de “compromiso con esta provincia, que non esquezan que por enriba dos intereses dos partidos están os intereses da provincia. Non imos entrar a buscar culpables, non é o noso traballo, pero si que lles pedimos que fóra de promesas electorais a nosa provincia precisa un pulo, necesitamos proxectos, empresas, emprendemento, e o que levamos a vivir nos últimos 10 anos deixa moito que desexar”, lamentaba Lois. “Pedímoslles o que se chama sentido de estado, que se xunten, que dialoguen, que cedan e que se convirtan no que precisamos nesta provincia, líderes”, engadía.

Para AJE o deber dos nosos políticos de cara ao emprendemento xuvenil é claro, “teñen que entender que a inversión nos xóvenes empresarios é como en educación, non é rentable o ano que vén nin dentro de dous, pero a diferenza entre un gran político e un político mediocre é que os grandes son aqueles que teñen a capacidade de tomar medidas sabendo que o resultado non ser verá na súa lexislatura, será no futuro”. Pero quixo deixar claro que neste senso non se está a falar de ningún tipo de axuda pública para os empresarios. “Todo o contrario, refírome a que os escoiten, que lles dean visibilidade e que entendan que do éxito destas empresas poden vir outros que verán que alguén montou acá unha empresa e lle vai ben e se anime a facer o mesmo”, aclaraba Lois Babarro.

Así mesmo, dende AJE tamén lle lembran á propia sociedade a súa parte de responsabilidade. “Nós só transmitimos optimismo porque esta provincia está chea de futuro, e sempre solicitamos que a sociedade se implique con Ourense, vivivmos moi cómodos derivando culpa nas Administracións, como se fosen os responsables de todo o que acontece, pero despois atopas xente que non está involucrada na súa asociación de veciños, non acode a ningunha manifestación e merca online en lugar de no comercio local, isto convirte a toda a sociedade en responsable do que está a acontecer. Por iso, o noso lema de 2017 era “Implícate”, para que a cidadanía se implique na nosa sociedade, cando vai á Praza de Abastos, cando merca produtos de proximidade, cando lle dá unha oportunidade a un xoven empresario está a garantir que hai futuro na nosa provincia”, asegura.

E nese futuro inmediato a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense ten previsto para este mes de xuño, en Cenlle, unha iniciativa innovadora: O Bosque de AJE. “Será un acto simbólico, ó lado do balneario

de Laias, no que se van plantar carballos, como símbolo do futuro empresarial desta provincia. Cada unha destas árbores levará o nome de empresas de xóvenes empresarios”, adiantounos Lois.

Por último, o seu presidente aproveitou para lembrar o que aporta AJE aos seus asociados. “Damos asesoramento fiscal, labora, todo iso está moi ben, pero o importante é que se intercambian enerxías, porque nesta provincia xuntarse con xente que che conta que está exportando a outros países, que vai a unha feira en Berlín, que ten clientes en Madrid, aporta un grado de enerxía que é moi positivo. Hai sinerxias, ves que hai moita xente con inquedanzas, e daste conta de que ó contrario desas informacións que nos din que debemos coller o tren e marchar de Ourense, debemos ter máis compromiso, visibilizar aos xóvenes que montaron acá a súa empresa e que están facturando e xerando futuro, o que pode axudar a outra xente a convencerse de que nesta provincia hai futuro e non depende das administracións, se non da actitude de todos os cidadáns desta provincia”, finalizaba.

Lois Babarro, presidente de AJE Ourense

Tacto con Tacto, especialistas en coaching e acompañamento emocional

Tacto Con Tacto é un espazo para o crecemento persoal que naceu en novembro do 2018 da man de dous educadores sociais e unha psicóloga coach. É un espazo diferente para persoas impacientes que buscan un cambio. E ningúen para dárnolo a coñecer mellor que dous dos seus fundadores, Aldara Fernández e Pablo Veiga. "Tacto Con Tacto é un espazo para mellorar o estado emocional das persoas, para xerar redes e para aprender todos os día no cotidiano", explica Pablo.

E é que a esencia desta empresa radica nunha metodoloxía única, que eles mesmos denominan "Desenredándose", e que se basea no "aprender facendo". "Damos pequenas estratexias para manexarnos no día a día. Identificamos o problema ou o que lle está a suceder á persoa e a partir de aí traballamos conxuntamente para buscar solucións", di Aldara.

As adicións, o estrés, a ansiedade, as habilidades sociais ou a complexa etapa da adolescencia teñen un oco nos seus talleres e sesións, que ofrecen tanto en grupo como de maneira individual, segundo o caso concreto.

Como conta Pablo, "os dous vimos do tratamento da drogodependencia, o alcol e o xogo, pero tamén temos un perfil máis moderno, o perfil coach. Organizamos talleres con profesionais doutros ámbitos, e tamén talleres grupais para traballar a ansiedade e o estrés, a motivación, a autoestima, a frustación.... Agora estamos comenzando a traballar con adolescentes. Temos unha metodoloxía moi horizontal, creamos un ambiente de confianza e a partir do diálogoestablecemos unha serie de pautas e estratexias para favorecer a comunicación do adolescente cos pais, os profesionais ou incluso os amigos e a súa rede. A adolescencia non é unha patoloxía, é unha idade, e como tal intentamos entendelos nese período de dificultade ou confusión".

É complexo establecer un perfil tipo das persoas que acuden a Tacto Con Tacto, pero confénsannos que atenden a "moitas mulleres de 40 ou 50 anos con problemas de soidade, de crise vital, que precisan un empurrón na súa vida. Necesitan comunicarse, vivimos nunha sociedade con moita rede e pouco contacto emocional. A xente demanda sentirse escoitada, no respecto e a cercanía".

Todos temos un oco en Tacto Con Tacto. É un espazo aberto, suxerente e motivador para favorecer os cambios, rompendo coa intervención clásica. Sempre nun plano horizontal, sen barreiras, de igual a igual.

Por último, non perderon a ocasión de recoñecer ante os nosos micrófonos as ventaxas que lles ofrece a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense. "Os emprendedores pasamos por moitas etapas, dende a euforia e a emoción ata o medo e a incertidume, polo que as xuntanzas de AJE son moi importantes, nas que nos sentimos acompañados, entendidos, xeramos rede, e non só dende o profesional senón tamén no ámbito persoal", conclúen.

Tacto con Tacto

Zurbarán, 31 (O Couto)

Tel. 988 546 754 - 678 072 741

www.tactocontacto.com

Siente e Imagina Films, unha produtora creativa audivisual cunha esencia sensible e humana

Con Alba Ferro trala cámara ningún dos produtos audiovisuais aos que lles dá forma son semellantes aos que estás acostumado a ver. A súa sensibilidade transmítese en cada segundo de vídeo, no que chegar á esencia do protagonista e transmitila co maior respecto e empatía é o obxectivo; e lograr a emoción no espectador, o resultado.

Alba é a alma máter de SI Films (Siente e Imagina Films), unha produtora creativa audiovisual, cunha esencia humana e sensible. “Parte dunha filosofía de traballo baseada en comunicar, expresar e sobre todo conectar co espectador”, explica. Onde son varios os servizos que ofrece, “videoemocionais, documentamos experiencias, historias especiais, traballamos un márketing audiovisual creativo moi especial e particular. Toda a liña de traballo sempre ten ese lado de humanizar”. Trátase de proxectos de autor adaptados a cada persoa ou empresa que o solicita. E é que todo o mundo ten cabida en SI Films, só un aspecto adoita ser común entre os clientes de Alba, “quizais o que máis os leva ata min é querer conectar, transmitir e deixar para o futuro unha mensaxe. Buscan algo diferente, especial e único, para que plasme realmente o que queren transmitir, a súa esencia, esa é a base”.

Pero entre as propostas que ofrece SI Films atópase unha moi especial. NexHum (nexo+humano) fusiona a creatividade audiovisual e a tecnoloxía, para proporcionarlle á persoa un xeito único de deixar algo máis que un legado para o futuro. “Este servizo , que se chama “A historia da túa vida”, ofrece tres produtos audiovisuais e tres tecnolóxicos, que se poden combinar. Vai desde unha mensaxe ao futuro, un corto-documental sobre a túa vida e un arquivo audiovisual sobre unha persoa que xa non está. Logo escolles o aloxamento: unha cápsula do tempo, un banco de memoria familiar...”, detalla. Loxicamente, para levar a cabo un traballo tan íntimo e perosal hai unha chave, “hai que tratalo con moita sensibilidade, ser prudentes e saber narralo dunha maneira próxima”, confesa.

E, como non, Alba tamén tivo boas palabras para AJE Ourense. “Hai pouco escoitei unha frase: cando as persoas se xuntan suceden cousas. E con AJE ábreseche unha porta á oportunidade, ao crecemento persoal e social, nunha cidade como a nosa que segundo para que gremio limítache para medrar”, remata.

SI Films

Avenida de Portugal, 61

Tel. 666 85 35 63

www.sienteimagina.es

Clínica odontológica Iglesias&Piñón, innovación en tratamentos para mellorar a saúde e estética da túa boca

A Clínica odontológica Iglesias&Piñón naceu fai 8 anos co firme propósito das súas xerentes, as doutoras Patricia Iglesias e Raquel Piñón, de que os ourensáns conten na súa cidade cos tratamentos dentais máis modernos e innovadores . “Tiñamos a idea de formar por conta propia este proxecto de clínica dental en Ourense para prestar un amplo servizo e que os ourensáns non teñan que desprazarse a outra cidade a buscalo”, explicounos Raquel.

Ademais, en Clínica Iglesias&Piñón tamén se preocupan de que a chegada do paciente sexa cómoda e tranquila, ata de ofrecerlle sempre a mellor solución ao seu problema. “Queremos que o paciente cando chegue á nosa clínica se sinta cómodo, non sinta medo, non haxa o cheiro típico que representa a un dentista, e que a estancia sexa o máis relaxada posible. Así logramos que o paciente volva contento, que quede satisfeito. Ademais, buscamo que cuando el paciente saia sepa o que se ten que hacer, saia convencido e informado, porque os problemas da boca poden repercutir na saúde xeral, e por iso estamos para solucionar calquera problema que teña”, cóntannos.

E para lograr esa atención personalizada contan cun amplo equipo de profesionais de diferentes áreas da odontoloxía. “O fundamental é que contamos con especialistas das distintas áreas. O paciente ten un odontólogo que será o seu médico principal e unha vez que se fai o estudo do seu tratamento conta con ortodoncista, cirurxián maxilofacial e un especialista en estética dental, algo fundamental xa que a nosa clínica ofrece tratamentos pioneiros en Ourense para cambiar o sorriso”, comenta Patricia Iglesias.

Pero a actividade de Clínica odontológica Iglesias&Pinón non remata dentro das súas instalacións, se non que están moi involucradas coa sociedade ourensá, por iso non perden ocasción de participar e organizar eventos (como no Día Internacional da Muller) e colaborar con organizacións solidarias, para axudar aos que menos teñen.

Así mesmo, Patricia e Raquel quixeron destacar a axuda que AJE Ourense lles proporciona. “Danos voz e visibilidade, permitiunos coñecer empresarios de diferentes ámbitos e pornos en contacto con outras áreas. É preciso que os empresarios da cidade esteamo concetados e esta asociación faino. Ademais, sempre nos apian cando lles plantexamos calquera proxecto ou idea”, conclúen.

Iglesias & Piñón

Av. Habana, 54 – bajo

Tel. 988 10 17 47

www.iglesiasypinon.com