AVE

ADIF adxudica novos contratos do AVE a Galicia

Adif Alta velocidade acaba de aprobar dous novos contratos para avanzar na liña do AVE Madrid Galicia por importe de 118,65 millóns de euros

ondacero.es

Ourense | 31.01.2019 09:23

Obras AVE
Obras AVE | onda cero

Un dos contratos é para o tramo Pedralba-Vilariño e o outro para o Vilariño-Taboadela nos que se farán actuacións en 19 túneles de sinalizacion de evacuación, alumeado de emerxencia, ventilación, radiocomunicación e instalación de equipos de detección e extinción de incendios.

Asemade Adif Alta Velocidade adxudicou o contrato de execución das instalacións da catenaria e sistemas asociados do tramo Pedralba-Taboadela-Ourense. Onte Adif tamén comezaba as probas do novo tramo do ave entre Zamora e Pedralba de 110 kilometros que este ano, unha vez que entre en funcionamento, acortará en 50 minutos a viaxe a Madrid.