A Cel presenta en Monforte a Fundación Agroalimentaria Galega da que falamos con Jaime López, secretario da Confederación Empresarial. Con Xosé Manuel Pereiro, falamos do concerto que Radio Océano prepara para este sábado no Ateneo Casino e do novo disco que van a gravar. No concello de A Pobra do Brollón comeza maña o concurso de tapas con novidades que repasamos co concelleiro Ricardo Rodicio. E teatro hoxe no Multiusos con Teatro do Andamio que presenta Insubmisión, falamos desta obra coa actriz protagonista Gema Ulloa. Con Lucas Vázquez, presidente do Colectivo Segredos de Pantón, falamos do concurso de fotografía que veñen de convocar. Do Día Mundial do Sida celebrado onte, falamos con Luisa Astray, educadora da UAD. Entre outros asuntos, repasamos tamén datos do paro na zona e incidencia da Covid.