Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 19/07/2022

Programa completo do 19/07/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 19.07.2022 14:37

Seguimos pendentes dos incendios no Courel. Mellora a situación no concello de A Pobra do Brollón, falamos co alcalde Xosé Lois Maceda, seguen sen control no concello de Folgoso, buscamos a última hora conversando coa alcaldesa Dolores Castro. A voceira do BNG Ana Pontón, que visita a zona afectada, asegura que pedirán que sexan declaradas zonas catastróficas. E falamos do Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra, que foi presentado hoxe na Praia de A Cobra, onde estivo entre outras autoridades, a directora de turismo Nava Castro. Escoitámola a ela e o resto dos intervintes, nun programa que abrimos con novas do sector vitícola preocupado pola expansión de enfermidades das que nos falan os técnicos Alfonso Losada e Vitoriano Pérez.