Mellora a situación sanitaria de toda a provincia, repasamos datos co xerente da Área Sanitaria Ramón Ares. A Consellería de Cultura autoriza consolidar o hórreo romano atopado en Proendos para que poida ser visitado. Proxecto do que falamos co alcalde soberino Luis Fernández Guitián. Monforte convértese no primeiro concello da provincia en recrear a súa historia a través dunha APP con realidade aumentada. Abrimos falamos da iniciativa con Xoel Vázquez, director executivo da empresa autora da iniciativa. E o PP de Monforte que insiste na necesidade de homologar as pistas de atletismo da Pinguela e critica ao alcalde por non aceptar a proposta. Son entre outros, asuntos que repasamos no programa de hoxe.