Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/01/2022

Programa completo do 14/01/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 14.01.2022 14:38

Unha avería na traida de auga ten sen suministro en Monforte a veciños da rúa Calvo Sotelo e outras zonas próximas. Buscamos a última hora conversando co alcalde José Tomé Roca, que entre outras cousas reitera a intención de celebrar o desfile de entroido o día 1 de marzo. E listo para recibir visitas está xa o hórreo romano excavado en Proendos. Da importancia do mesmo e dos traballos de consolidación levados a cabo falamos co arqueólogo Francisco Alonso Toucido. No espazo de Salgado Congelados, a cociñeira do Restaurante O Grelo, Vanesa Saco, danos a receita para facer "perdices á cazadora". Na recta final do programa, a piques de subir ó podio en Jeddah, aténdenos o piloto monfortino Eduardo Iglesias que remata con éxito o Rally Daka, fai valoración da carreira e agradece o apoio recibido. Contámoslle tamén neste programa como foi o traslado ao Courel dos restos do poeta Uxío Novoneyra desde o Cemiterio de Lugo, onde fora soterrado en 1999.