Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/04/2021

Programa completo 09/04/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 09.04.2021 14:24

O concello de Monforte pon en marcha Seminarios de Formación para maiores de 50 anos. Abrimos programa falando desta iniciativa coa concelleira de cultura Marina Doutón. O concello de O Saviñao pasa hoxe a nivel mínimo de restricións ao disminuir os casos activos da Covid e mantense en nivel alto o de A Pobra do Brollón. Falamos cos rexedores dos dous concellos, Carlos Armesto e Xosé Lois Maceda. E satisfacción no Incio tras declarar o Consello da Xunta BIC a igrexa de Santa Cruz. Da importancia da mesma falamos co rexedor Héctor Corujo. Conversamos tamén co enólogo Luis Buitrón que pasará a presidir a Federación Nacional de Asociacións de Enólogos a partir do día 27. Encabeza a única candidatura presentada para renovar executiva. E de "batucada" califica a voceira do PSOE na Deputación de Lugo, Pilar García, o acto organizado onte polo PP diante a Deputación de Lugo. Escoitamos as súas declaracións.