lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

28/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (28-02-2018)

O xuizo contra Sito Miñanco por blanqueo de capitales e o estreo da serie Fariña, basada no libro prohibido de Nacho Carretero, sobre a realidade do narcotráfico nas Rías Baixas nas décadas 80 e 90 marcan a actualidade. Analizamos estas duas coincidencias con membros dos colectivos antidrogra. Tamen, preguntamos o impacto ecoloxico do trasvase do río Verdugo a ONG Amigos da Terra. Nos deixamos asesorar por expertos en economía de María Cobian e Asociados para coñecer a realidade dos plans de pensións e alternativas. E pechamos o programa con recomendacións do colectivo Pedaladas.

Onda Cero Pontevedra

26/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (26-02-2018)

A actualidade do día e a predicción do tempo centran a atención da primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Como cada luns, acendemos motores con Abel Millán e coñecemos novidades musicais nunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

23/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (23-02-2018)

Escoita aquí o programa especial, en directo, desde Cambados. Levamos a radio ata a nova tenda gourmet Pepa A Loba. Conversamos co propietario, Álvaro Fernández, o presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey, a alcaldesa, Fátima Abal, a presidenta de GaliciAme, Merchi Álvarez e o director de marketing do Casino La Toja, Sergio Lage. Despedímonos coa música de Jorgelina Piana & Sergio Ariel

Onda Cero Pontevedra

21/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (21-02-2018)

A reapertura da causa pola desaparición de Sonia Iglesias e o secuestro do libro "Fariña", escrito polo galego Nacho Carretero, centran a actualidade desta xornada de mércores. No tempo da entrevista conversamos co secretario territorial da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro, e temos sesión grupal coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para coñecer o proxecto POIO CREA 2018. Rematamos o programa cun novo artista inscrito no concurso musical "Revolution Unplugged"

Onda Cero Pontevedra

16/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-02-2018)

Repasamos a actualidade do día e da semana, ademais de buscar a predicción metereolóxica. Como cada venres, Javier Arnau protagoniza unha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa AXENDA para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

15/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (15-02-2018)

Repasamos a actualidade e coñecemos as conclusións do programa municipal NamorAndo na primeira parte do programa. Colámonos con Juan de Sola na inauguración da nova tenda de Sfera en Pontevedra e abrimos espazo de saúde coa visita de Xavier Alfonso, director técnico de UMANA. Como cada xoves, rematamos con Carmen Quinteiro nunha nova edición de XOVES DE CONTO

Onda Cero Pontevedra

13/02/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

13/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (13-02-2018)

Repasamos a actualidade do día centrada nos cambios dos programas de entroido por mor da choiva, a xuntanza en Pontevedra da Comisión de Deputacións e a presentación do proxecto de reforma da Ponte da Barca. No almorzo informativo dos martes, desde a Cafetería Moi Bo de Pontevedra, conversamos co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. E, como cada semana, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

12/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (12-02-2018)

A actualidade do día e a predicción do tempo centran a atención da primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos coa tenente de alcalde de Vilaboa, Ornela Fernández, para vivir o tradicional Entroido de Cobres. Como cada luns, acendemos motores con Abel Millán e coñecemos novidades musicais nunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

09/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-02-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e da última semana antes de enredarnos, como cada venres, con Javier Arnau. Completamos o programa cunha AXENDA para desfrutra da fin de semana co entroido como gran protagonista