Temas

Caldas de Reis

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 17/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Caldas de Reis, Manuel González. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar con Anxo Cabada, fotógrafo estradense que ata o 15 de xaneiro expón no Museo de Pontevedra a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega".

PROGRAMA COMPLETO

Gente Viajera de Galicia 04/11/2022

En Caldas de Reis comezamos a viaxe con Pati Blanco que remata seguindo os camiños de neno labrego cun director de cine na aldea natal de Neira Vilas...alí chegaremos despois de comer as mellores castañas no Caurel.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 04/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando co primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas de Caldas de Reis, Manuel González. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias. Completamos o programa co espazo Cronopios que hoxe ten convidada: a ilustradora Laura Agustí para presentar o seu libro "Historia de un gato".

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 26/05/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e falando de viticultura co Consello Regulador da DO Rías Baixas. Como cada xoves, comentamos as noticias dos últimos días coa mirada persoal de Rodrigo Cota e tomamos a última antes de marchar: Covadonga López, directora do Museo Massó de Bueu, é hoxe a nosa convidada.