OUROS E PRATAS NUNHA DISPUTA EN BOHINJ.

Iván Alonso, prata en K1 e ouro en K2 xunto con Emilio Merchán

Unha decena de padexeiros galegos xuntáronse en Eslovenia para disputar unha proba de máis de trinta kilómetros, que se saldaron con tres medallas de prata, unha de ouro e outra de bronce.

ondacero.es

Vigo | 06.07.2015 10:23

Iván Alonso, foi o gran protagonista desta dura xornada, na que arrebatou dúas chapas; unha de prata na proba individual de K-1 o sábado e outra de ouro xunto co seu compañeiro de K-2 Emilio Merchán o domingo. Máis de 30 kilómetros que o padexeiro Iván Alonso tivo que percorrer o sábado e volver a repetir o día seguinte. Alonso, que hai uns meses recibiu a medalla de bronce ao mérito deportivo, confirmou a súa valía neste campionato.

Alonso e Merchán partían como favoritos, e non defraudaron, foron superiores a nivel físico e mental respecto aos seus rivais; os húngaros Adrián Boros e Laszlo Solti. Tamén foron acompañados no podio por Álvaro F.Fiuza e Walter Bouzán, que quedaron cunha merecida medalla de bronce.

Pola súa parte, Graña e Ferro en C-2 perderon o ouro no último momento, que o arrebataron os húngaros Adán Dcoze e Marton Kuver; unha prata inxusta que non deixa de ser un bo resultado.

Destacou Mosquera en C-1, que arrebatou a primeira chapa da xornada, unha plata moi loitada no que o padexeiro do Ría de Betanzos celebrou.

Por último, sabor agridulce na mesma proba, C-1, onde o tudense Manuel Garrido non puido subir ao podio, quedando en cuarta clasificación.

A xornada viuse afectada polo trato que a Federación Española de piragüismo tivo cos deportistas, os cales tiveron que abonar entre 800 e 900€ para competir nesta proba representando a España. A Federación, que non so non axudou economicamente aos padexeiros, obrigou a levar nos barcos propios as pegatinas dos patrocinadores oficiais, tal como especifica a normativa, inxusta según o protagonista, dos cales os padexeiros non viron euro algún. O piragüista tamén se queixou no seu perfil persoal da rede social Facebook, de que a Federación tampouco lles deixaban elixir o aloxamento, polo que tiveron que pagar do seu peto 36€/noite nun hostal de Lituania onde as habitacións “eran ridículas, con literas enanas e moi incómodas, o peor é que aínda pagando nós, non nos deixan escoller hotel”, pronunciaba Alonso indignado.