Noticias Vigo 13.40

González Laxe: " A recuperación económica en Galicia é firme e robusta"

A recuperación da economía galega foi robusta e firme no terceiro trimestre de 2021. Así o reflicte o informe de coxuntura socioeconómica presentado hoxe en Vigo. As principais incertidumes veñen da falta de suministros, pero as perspectivas falan de que o ano que ven Galicia chegará a niveis de producción pre-pandemia.

Víctor Blanco

Vigo | 22.12.2021 14:17

O crecemento de Galicia supera en termos interanuais en case medio punto á media española. As proxeccións apuntan a que en 2022 Galicia crecerá por enriba do 5%, a media española quedará nun 4.

A automoción nos primeiros trimestres do ano e o turismo durante o verán claves nunha recuperación que ten como principal incertidume; non as ondas do COVID 19 , senón a falta de suministros, según Santiago Lago que é un dos autores do informe.

Esta situación rematará ao longo de 2022, e agarda Lago unhas cifras espectaculares. En termos de creación de emprego, Galicia xa está en niveis prepandemia, aos que chegará nos outros ámbitos da economía o ano que ven.