Miguel Tellado na Brújula de Galicia de Onda Cero«Todas as persoas preparadas, con experiencia, teñen que entender que o primeiro é ser útiles a Galicia, máis alá das ambicións persoais»
O novo vicesecretario de Organización Territorial do PP e secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, sinalou en Onda Cero Galicia que non están «preocupados» polo relevo de Alberto Núñez Feijóo; «podemos garantizar que será unha transición dentro da normalidade», dicía, «que ninguén agarde un gran lío». Na entrevista na Brújula de Galicia de Onda Cero Galicia sinalou que aínda non se decidiu a fórmula baixo a que se acometerá ese relevo, «temos que falar entre nós». Si confirmou que, cando haxa un novo presidente no PPdG, el porá o seu cargo como secretario xeral «a disposición», para poder centrarse na súa nova responsabilidade. Asegurou que asume o seu cargo na Vicesecretaría de Organización Territorial do PP como «unha gran responsabilidade» e que o seu obxectivo é «ser útil a un partido chamado a ser alternativa de goberno a Pedro Sánchez».
ondacero.es
Galicia | 05.04.2022 20:48