Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (06-09-2019)

Pechamos semana analizando os datos de ocupación turística do mes de Agosto. A media da provincia superou o 80%. Un dos atractivos, en Pontevedra, é a celebración da Feira Franca que provocou que os hoteis estén cheos. Falamos coa concelleira Carme Da Silva sobre esta nova cita. Na antesala do arranque dunha nova edición visitamos e descubrimos os pormenores do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Repasamos outros eventos nunha amplia axenda de ocio e cultura de fin de semana.