17/06/2021
Desde a sala de investigación ata os depósitos pasando pola biblioteca de Filgueira Valverde: unha visita ao Edificio Fernández López con Mª Jesús Fortes

- 21:25 MIN
Desde a sala de investigación ata os depósitos pasando pola biblioteca de Filgueira Valverde: unha visita ao Edificio Fernández López con Mª Jesús Fortes
Hoxe adentrámonos no edificio Fernández López guiados pola responsable da área de Documentación do Museo de Pontevedra, María Jesús Fortes. Comezamos visitando un dos depósitos para coñecer como se conservan os miles de documentos que atesoura o Museo. Ademais, temos a sorte de entrar na Biblioteca de Filgueira Valverde, a quen coñeceu persoalmente a nosa guía de hoxe. Rematamos a visita na sala de investigación, un lugar con luz privilexiada no que teñen comezado moitos proxectos importantes para a cultura pontevedresa e galega.
Neste enlace directo á nosa web podes volver visitar o Museo a través da radio en compañía de Susana Pedreira e María Jesús Fortes.
Galería de fotos da terceira "cita a cegas" polo Museo de Pontevedra con María Jesús Fortes.
Video descriptivo do interior do Edificio Fernández López

Temas
- Onda Cero


