Cita a cegas no Museo

A conexión entre Castelao e Goya no Museo de Pontevedra

Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Ángeles Tilve, conservadora e responsable da área de Coleccións do Museo de Pontevedra. Durante a visita descubrimos que é imposible cuantificar o número de pezas que alberga o museo e que os propios traballadores se sorprenden todos os días porque sempre atopan algo novo. Sen dúbida, Castelao é unha figura imprescindible e hoxe coñecemos mellor a súa colección, con especial protagonismo para o “Álbum Nós”. Ademais, Ángeles Tilve explicounos que grazas a Castelao o Museo é unha das poucas institucións do Estado que conta nas súas coleccions coas catro series gravadas de Goya.

Redacción

Pontevedra | 03.06.2021 14:37