Este venres, Juan de Sola estivo co micrófono verde de Onda Cero na Praza de Abastos para poñer en valor o produto autóctono. ‘Cen por cen produto galego’, un lema que pretende potenciar as excelencias do marisco, peixe, carnes, froitas, verduras ou viños con denominación de orixe en Galicia.
Esta iniciativa ‘Cen por cen produto galego’ tamén se ve reforzada coa publicación dunha revista con grandes referentes e referencias dos produtos e a gastronomía autóctona. A revista está xa dispoñible no Mercado de Pontevedra. Unha proposta moi ben recibida por clientes e vendedores da Praza de Abastos.
Neste enlace podes escoitar tamén a concelleira de Promoción Económica e Mercado, a socialista; Yoya Blanco.