Cita a cegas no Museo

O Museo de Pontevedra ten un dos arquivos gráficos máis importantes de Galicia con 700.000 rexistros

Hoxe adentrámonos no edificio Fernández López do Museo de Pontevedra guiados por Cristina Echave, responsable do Arquivo e conservadora dos fondos fotográficos. Descubrimos que temos en Pontevedra un dos arquivos gráficos máis importantes de Galicia pola cantidade de rexistros - uns 700.000 mil - e pola calidade dos mesmos. Conservan fotografías desde mediados do século XIX ata case a actualidade e coñecemos algunhas das máis especiais visitando unha das salas de reserva.

Redacción

Pontevedra | 06.04.2022 13:54

Neste enlace directo á nosa web podes volver visitar o Museo a través da radio en compañía de Susana Pedreira e Cristina Echave.

Galería fotográfica da nosa "cita" no edificio Fernández López.