05/03/2021
Monste Fajardo: "A memoria histórica precisa máis investimento público"

- 15:08 MIN
Monste Fajardo: "A memoria histórica precisa máis investimento público"
Montse Fajardo, forma parte do equipo redactor do programa A Memoria das Mulleres e Belén López, xornalista do Diario de Pontevedra ; son parte das ponente do foro " As Mulleres que Opinan son Perigosas" que comeza hoxe. O título da súa ponencia é "Cultura e memoria na prensa local".
Cuarta edición do programa "As mulleres que opinan son perigosas". Entre as novedades se inclue o xornalismo de investigación sobre a memoria histórica protagonizada por mulleres. Montse Fajardo é unha das referencias, con varios anos e traballos dedicados a esta especialidade. A sua intervención permite coñecer a relevancia desta clase de xornalismo para implementar a igualdade na historia. Reivindica políticas publicas e investimentos para desenvolver esta necesaria labor.
Este venres 5 e sábado 6 de marzo no Pazo Provincial desenvólvese esta iniciativa que reivindica a presenza e relevancia das mulleres xornalistas nos medios, nas redes sociais ou sinxelamente como creadoras e referentes de opinión.
Este foro tamén esixe unha igualdade real nos espazos reservados para opinar, analizar ou reflexionar nos medios de comunicación.
Esta cuarta edición, arroupada polo concello e Deputación de Pontevedra, está sendo coordinada por Susana Pedreira e Diana López Varela.
Temas
- Onda Cero


