‘Agosto Gastronómico’ no concello de Valga. Durante todo o mes de agosto desenvolveranse distintas iniciativas relacionadas coa gastronomía co obxectivo de enxalzar os dous produtos icónicos da festa da anguía e da caña. Haberá concursos, obradoiros, catas e showcookings nos que a participación será gratuíta, pero que terán un carácter solidario.
Todo arranca o vindeiro domigno, 8 de agosto, cun obradoiro de cociña para nenos de entre 5 e 12 anos no Parque Irmáns Dios Mosquera.
Ampliamos todos os detalles do programa con Pedro Calvo, concelleiro de Cultura de Valga.