Estreamos o mes de agosto con incremento de persoas hospitalizadas por Covid19. O área sanitaria Pontevedra-Salnés suma, neste luns, 43 pacientes ingresados. Nesta liña, o sindicato Cesm-Galicia reivindica a dimisión do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, polas suas declaracións, no pleno do mes de xullo, nas que acusaba os profesionais sanitarios do centro de Baltar de facer política e desatender os usuarios dos servizos de primaria. Analizamos este tema con Enrique Marra. Tamén, descubrimos a tecnoloxía que permite controlar 'en tempo real' o aforo da praza de Abastos de Pontevedra. Este sistema foi elaborado pola empresa B+Safe. Repasamos todas as novas do motor con Abel Millán. E aproveitamos os últimos minutos para coñecer todos os detalles do 'Agosto Gastronómico' no concello de Valga.