A última e marchamos

Javi Maneiro: “Síntome un renacido e estou vivindo un bonito despertar”

Hoxe tomamos a última co cantante e compositor Javi Maneiro que actuará o sábado 2 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra, nunha cita que suporá o peche da xira de inverno de presentación do seu cuarto álbum, Un bonito despertar.

Redacción

Pontevedra | 22.02.2024 15:05

As entradas para o directo, que comezará ás 20.00 horas, están á venda na plataforma Ataquilla.com. Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última con Susana Pedreira e Javi Maneiro no programa “Máis de Un Pontevedra”.