A Xunta prevé que o novo edificio xudicial entre en servizo neste ano

O presidente do TSXG resalta que se atenderá unha necesidade inaprazable

ondacero.es

Ourense | 17.06.2014 09:28

Edificio Judicial
Edificio Judicial | Onda Cero

Antes de finalizar o ano non só se terán completado as obras do novo edificio xudicial de Ourense, senón que tamén deberá estar totalmente equipado e en servizo. Con esa previsión traballan na Xunta de Galicia, segundo onte afirmou o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, que visitou as obras en compañía do presidente do Tribunal Superior de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas Sobreira. A reunión en Ourense da comisión mixta Xunta-TSXG para analizar a situación da administración de xustiza na comunidade posibilitou a visita ás obras, cuxo avance resulta moi evidente.

Aínda que se trataba dunha reunión de carácter aparentemente técnico, sen representación institucional nin do Concello de Ourense nin tampouco da Deputación, o vicepresidente da Xunta destacou a exemplar sintonía co concello neste asunto en particular, ao ter cedido os terreos. «Candohai colaboración entre vos concellos e a Xunta ás cousas van saíndo: este magnífico edificio éunha perfecta mostra», afirmou Alfonso Rueda, quen, na mesma reflexión, aludiu a que en Santiago e Ferrol xa se completaran actuacións semellantes, na Coruña está en marcha, en Pontevedra espera empezalas este ano, mentres que en Vigo «séguenos faltando», lamentou.

As obras de Ourense están avanzado, segundo a impresión do conselleiro, que estivo arroupado na visita por distintos técnicos da administración autonómica, «dacordo coas previsións», polo que traballa coa perspectiva de que ou ano que ven, ou 2015, «se empeceneste edificio a pleno funcionamento e co traslado feito», despois dun significativo investimento público.

Un dos aspectos que resaltou o vicepresidente da Xunta é o de implantación das novas tecnoloxías e a necesidade de ofrecer ao cidadán un edificio acorde cos tempos. Non só se trata de buscar a comodidade dos traballadores dos órganos xudiciais, senón o da comunidade en xeral.



Unha necesidade inaprazable

O edificio, cun presuposto de adxudicación de 16,3 millóns de euros, conta cun total de 14.245 metros cadrados de superficie construída, incluíndo 8.821 metros cadrados sobre rasante, dos cales 1.487 están na planta da entrada principal. As dúas plantas baixo rasante suman 5.421 metros cadrados, se ben unha parte delas non son sotos en estrito sentido.

A posta en marcha do novo edificio permitirá, en opinión do presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, atender as necesidades de espazo, que eran en Ourense unha «necesidade inaprazable» e «máis acusada» que noutros lugares de Galicia. Cre, ademais, que é unha sede «axeitada e digna» para as necesidades.

Que poidan quedar pequenas no suposto de que as modificacións legais concentren na capital a actividade xurisdicional é algo que non valora CadenasSobreira, pois, ao seu xuízo, hai que adaptarse sempre ao momento, «sen prexuízo de acomodos impostos por esas potenciais modificacións legais».