A Xunta destinará a provincia de Ourense en orzamento territorializado en 2014 perto de 213 millóns de euros, o que implicará unha media de inversión por habitante duns 704 euros, por riba de provincias coma Coruña e Pontevedra. As actuacións en medio rural terán case 42 millons de inversión e as do Sergas 33,8 millons de euros. Neste senso a xunta concentrará esforzos no Complexo Hospitalario Ourensá para avanzar no proxecto de hospital 2050 ao que adicará uns 17 millons de euros e ao plan director do complexo hospitalario ao que destinará uns 6 millons de euros. Os orzamentos contemplan 2,5 millóns de euros para o centro da saude de Barbadás e unha cantidade similar para o centro de saude de O couto. Outra das inversións importantes será de 3,3 millons de euros no convenio co estado e concello que permitirá iniciar as obras da nova depuradora. O concello de Verín beneficiarase de perto de 10 millóns de euros para chan industrial e en educación destaca o medio millón de euros destinado a ampliación do colexio padre Feijoo de allariz.
Dende o PP ourensá destacan o impulso inversor destes orzamentos que convirten a Ourense na segunda provincia galega de inversión por habitante. Os populares lembran que son 14 millons de euros mais que o ano pasado e os orzamentos menos restrictivos dende que se iniciou a crise económica. Por elo destacan que son contas solventes que xeran confianza, apostan polo impulso fiscal, blindan o gasto social e sentan as bases do cremento que precisa a provincia. Distinta visión ten a oposición (Psoe, Bng e AgE) que cree que non servirán para loitar contra o paro e o despoboamento, non atenden as moitas necesidades que ten a provincia nen van a ser útis para dinamizala. Asemade cuestionan as numerosas partidas que quedaron sen executar do ano pasado.