Xantar 2019

A Xunta descata o valor da enogastronomía para atraer visitantes

Xantar celebra este ano o seu vixésimo aniversario e reunirá ata o domingo a 283 expositores con 12 países, Brasil terá una presenza destacada como invitado especial

ondacero.es

Ourense | 06.02.2019 13:25

Xantar 2019
Xantar 2019 | xantar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o valor da enogastronomía como foco de atracción de visitantes a Galicia. Fíxoo en Ourense durante a inauguración do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, á que asistiron tamén o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira.

Xantar celebra este ano o seu vixésimo aniversario e reunirá ata o domingo a 283 expositores con 12 países representados (España, Portugal, Brasil, Panamá, Costa Rica, México, Italia, Perú, Colombia, Cuba, Arxentina e Nicaragua). Brasil terá una presenza destacada como invitado especial representado pola Prefeitura de Foz do Iguaçu.

Rueda salientou a importancia da estratexia de turismo gastronómico ‘Galicia Sabe’, a folla de ruta impulsada pola Xunta de cara aos próximos anos, que combinará a posta en valor da tradición e vangarda culinaria galega co impulso da competitividade do sector primario.

Galicia estase a consolidar como un destino enogastronómico de primeiro nivel e esta xa é a segunda razón pola que os viaxeiros escollen a nosa comunidade. O vicepresidente salientou a súa importancia para a dinamización económica e a xeración de emprego e tamén para estender as vantaxes do turismo e a toda a comunidade e ao longo de todo o ano.