Infraestructuras

Socialistas satisfeitos co investimento en Xinzo na N-525

o investimento supera os 4 millóns de euros

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas ourensáns salientan o investimento de máis de 4 millóns de euros na humanización da estrada Nacional 525 ó seu paso por Xinzo de Limia e consideran que “transformará o urbanismo deste concello para sempre”.

Para o senador Rafa Villarino é un proxecto que mellorará a calidade de vida, potenciará a mobilidade ciclista e peonil e limitará o uso de vehículo particulares dentro do propio núcleo de poboación.