Os socialistas ourensáns esixirán ó executivo da Xunta de Galicia que ningún alumno ou alumna adscrito ó IES Otero Pedraio quede sen praza pola “ausencia de planificación” da Consellería de Educación.
Para os socialitas o goberno galego está actuando de xeito “pasivo” neste asunto, segundo a voceira do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Natalia González.
E para a parlamentaria autonómica Carmen Rodríguez Dacosta o alumnado afectado “non soamente van a sentirse desprazados dos que si poderán continuar a sua formación no IES Otero Pedraio, senón que seus pais e nais terán que enfrontarse a un problema engadido como o é o de xestionar o transporte dos seus fillos e fillas a otros centros educativos”.
O Xefe Territorial de Educación da Xunta en Ourense, Jorge Rubén Sampedro sinalou coma un “feito puntual” que este ano queden sen praza no Ies otero pedraio 13 alumnos e argumentou que o centro só ten 90 prazas por razóns arquitectónicas que impiden a ampliación de máis espazos. Sampedro indicou en Onda Cero Ourense que respeta as mobilizacións das Anpas cas que se reuníu ate en tres ocasións e as que brindou diálogo e alternativas, garantindo que para os colexios adscritos na zona “alumnos próximos ao instituto ou con irmáns no centro terían cuberta a praza”. Igualmente para os que queden fora a Xunta garantiralles unha praza pública.