Vive a túa propia historia con Gadasa

IX Ruta do Cocido o 12 de xaneiro en Trasmiras

O Concello de Trasmiras xunto ao Club BTT Nocelo organizan unha nova edición desta tradicional ruta ciclista que remata cun xantar a base de cocido.

ondacero.es

Ourense | (Publicado 20.12.2019 13:17 )

IX Ruta do Cocido Trasmiras | Onda Cero Ourense

O vindeiro 12 de xaneiro de 2020 terá lugar a IX Ruta do Cocido de Trasmiras, organizada polo Concello e o Club BTT Nocelo. Trátase dunha ruta diferente, na que a competición queda en segundo plano, para que os participantes só se preocupen de divertirse, gozar do entorno e facer amigos practicando ciclismo. De feito, non hai tempo máximo de chegada nin trofeos ao final.

Nesta novena edición renóvase o percorrido, pasando o 80% del polo Concello de Trasmiras, principalmente por sendeiros antigos recuperados para a práctica de BTT.

Como é habitual haberá dúas rutas distintas, unha curta de 37 kilómetros e outra máis longa de 45 que se achega aos veciños concellos de Monterrei e Cualedro, ambas de dificultade media.

A proba comezará ás 9:15 horas, con saída no pavillón de deportes de Trasmiras. Previamente, os participantes poden recoller os seus dorsais dende as 8 e almorzar chocolate con bica, agasallo da organización.

O prezo da inscrición é de 20 euros e inclúe un xantar a base de cocido en Casa César de Viladerrey sobre as 14:30 horas. As prazas están limitadas a 110 participantes.

Tamén hai a opción de participar sen quedar a comer, cun custo de inscrición de só 7 euros.

Para realizar a inscrición ou obter máis información deste evento os interesados poden facer na web: bttnocelo.blogspot.com.

Ademais, como novidade deste ano, quen proceda de fóra da zona e precise aloxamento hai a disposición dos participantes un albergue a só 4 kilómetros da saída da proba, cun prezo de 15 euros a noite. Os interesados deben poñerse en contacto coa organización.

Vive a túa propia historia | Gadasa