A executiva provincial cree que estaba desautorizada para unha asemblea sobre a crise municipal

Rodríguez Dacosta non ve incumplimento de estatutos para ser expedentada pola executiva provincial

A secretaria da agrupación local do psoe de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, afin o alcalde Agustin Fernández asegurou hoxe que non ve razóns para o expedente disciplinario aberto onte pola executiva provincial por convocar unha asamblea non autorizada para falar da crise municipal.

ondacero.es

Ourense | 21.01.2014 14:28

ejecutiva psoe ourense
ejecutiva psoe ourense | Faro de Vigo

A fenda no grupo municipal do psoe de Ourense mantense aberta logo de que a executiva provincial decidise abrir un expedente disciplinario á secretaria da agrupacion local de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, afín ao alcalde Agustín Fernández á que reproban por convocar unha asemblea non autorizada sobre a crise do goberno local que podería comportar unha falta moi grave. Distinta visión ten a afectada porque non ve que se incumplirán os estatutos por unha xuntanza na que non se tomaron resolucions e soamente pretendía informar e escoitar á militancia. Rodriguez Dacosta admite que recibiu unha orde da executiva provincial para non celebrar a xuntanza pero interpreta que non incurriu en nengunha desobediencia. A secretaria da agrupación local de Ourense aseguraba hoxe que se sometía aos acordos tomados pola executiva galega en relación cos asuntos internos do partido e pedía a súa intervención neste expedente. Dende a dirección socialista galega, o secretario José Ramón Gómez Besteiro afirmaba que será a executiva galega quen decida se a provincial ten competencias para censurar a Carmen Rodríguez e desvinculaba posibles sancións ós edís díscolos de Ourense do que ven de suceder nas últimas horas na executiva provincial.

O líder dos socialistas galegos indicaba que dende o día quince, o partido exerce un control permanente do que sucede en Ourense e de producirse desviacións, haberá sancións. De momento, ao marxe da retirada de competencias no seu momento ao díscolo Rodríguez Penín, non está confirmado que por parte do alcalde de Ourense vaia tomar algunha medida contra os demáis concelleiros que hoxe volveron a ausentarse da xuntanza do grupo municipal dos martes. O voceiro do gobernó local, José Angel Vázquez Barquero tentaba de novo restar importancia as ausencias e mesmo defendia a xestión dos edis críticos, tentando afastala dos problemas orgánicos. Afirmou Barquero que na xuntanza de hoxe falouse de asuntos de goberno e non de partido e nesta clave participou a directora de persoal, Carmen Rodríguez Dacosta a quen os afins ao alcalde defenden no seu traballo municipal. Pola sua banda o alcalde de O Barco e membro da executiva provincial socialisat, Alfredo García quixo deixar constancia da sua discrepancia sobre a decisión tomada pola executiva provincial e pediu que máis aló da apertura de expedentes por ambos bandos, se zanxase esta críse canto antes con diálogo e medidas efectivas.