O grupo municipal socialista no Concello de Ourense esixe ó Alcalde que se sente a falar cos empregados e empregadas do servizo de recollida de lixo para sacar adiante a concesión que segue en precario e que xunto a outras teñen un custe de 60 millóns de euros.
Lembran que á caída do plego do servizo de limpeza hai que engadir que o do servizo municipal de transportes correu o mesmo destiño.
Por elo a edil María Fernández lembra que o rexidor municipal non propuxo solución nin escoitou á plantilla durante os dous últimos anos e que a falla de acordo en relación coas lexítimas demandas salariais levou á convocatoria de folga coincidindo coa celebración do Entroido.