19/06/2025

A voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González, dixo en Más de Uno Ourense que o descuberto ata o de agora da trama do Caso Koldo lle produce "tristura, asco e vergoña", engadindo que está ocasionando un dano inmenso a un partido socialista que debe respostar con "tolerancia cero" contra a corrupción.
Preguntada sobre os audios nos que hai dous anos o Alcalde de Ourense falaba de "dar palo a lo grande" e sobre a ausencia de avances xudiciais sobre o tema dixo que é algo que "non pasa por alto", engadindo que confía na Xustiza. González repasou en Onda Cero diversos asuntos da actualidade municipal.


