Periga a coalición AGE trala marcha de David Calviño

O anuncio de abandono do escano por parte do deputado ourensá de AGE, David Fernández Calviño pode provocar unha fenda entre Anova e Esquerda Unida-Izquierda Unida ao negarse a renunciar ao escano a número 2 na lista Carmen Iglesias Sueiro para deixar paso a Iolanda Pérez Docampo, número 3 na lista por Anova

ondacero.es

Ourense | 23.10.2013 14:28

Carmen Iglesias (IU)
Carmen Iglesias. Número 2 na coalición Age Ourense | MV


Dende Anova aseguran que había un "pacto verbal" para que se abandoaba o escano un deputado desta formación fose sustitudo por outro da mesma, igual que acontecería co relevo de calqueira deputado de Esquerda Unida. Sen embargo se a histórica militante de IU en Ourense, Carmen Iglesias non renuncia á acta de deputada que lle correspondería trala saida de David Calviño, non podería acceder a número 3, Iolanda Pérez, militante de Anova o que deixaría en desequilibrio a coalición que tampouco respectaría o pacto non escrito. Por agora Carmen Iglesias non explicou as razóns polas que non está disposta a renunciar ao escano, polo que, unha vez que se faga efectiva a saida de Calviño o 30 de outubro, Anova tería 3 representantes e 6 Izquierda Unida fronte aos 4 e 5 respectivamente que teñen na actualidade. Esta situación fai que esté en perigo o pacto da coalición AGE.