A portavoz do Grupo Municipal Popular, Ana Méndez Gil, compareceu esta mañá en rolda de prensa para analizar os principais asuntos de actualidade da cidade ante o inicio da última etapa do mandato, marcada, segundo explicou, pola continuidade dos problemas que o Concello arrastra desde hai meses e pola falta de resposta do Goberno Local.
A voceira popular asegurou que “Ourense comeza esta estapa exactamente no mesmo punto no que rematou a anterior ou, mellor dito, comeza peor”.
Para Méndez Gil, esta situación é consecuencia dun Goberno municipal que “en lugar de actuar e gobernar, segue facendo o mesmo de sempre: criticar á Xunta e desprezar a colaboración institucional por sistema para intentar ocultar a súa propia incapacidade para xestionar o Concello”.

