Hyupersa con la UD Ourense

O Ourense despide o 2019 no Couto o domingo ás 16:30 horas co Silva

UD Ourense e Silva SD atópanse na zona media alta da táboa despois dunhos últimos partidos positivos para ambos equipos

ondacero.es

Ourense | 20.12.2019 12:36 (Publicado 20.12.2019 12:33)

UD Ourense - Silva SD
UD Ourense - Silva SD | Yedra Seara

A táboa clasificatoria sitúa cómo séptima á UD Ourense e décimo ó Silva SD separados sólo por 2 puntos. Os vermellos teñen o seu pequeno fortín no campo do Couto onde gañaron 5 dos 8 partidos disputados cómo local. Pola súa parte, o Silva como visitante leva 2 victorias, 3 empates e 3 derrotas.

Nas últimas xornadas tanto ourensanistas cómo coruñeses parecen atopar unha boa xeira de resultados. Os vermellos gañaron 4 dos últimos 5 partidos disputados, con 3 victorias consecutivas. O Silva, nos últimos 5 partidos obtivo 3 victorias e 2 derrotas.

Chama a atención a cifra de goles do Silva. É o terceiro equipo menos goleado (con sólo 14 dianas na súa portería) pero, pola contra, tamén é un dos equipos que menos goles marcan da categoría (de novo 14) superando exclusivamente a Bergantiños, Pontellas e Paiosaco.

A temporada anterior, a do debut da UD Ourense en terceira división, produciuse unha dobre victoria visitante. O Ourense venceu na primeira volta na Grela e os coruñeses leváronse a victoria no campo do Couto nun partido no que empezou unha mala racha de resultados que levou os vermellos a saír dos postos de promoción de ascenso dos que disfrutou gran parte da liga.

Este partido os vermellos agardan rendir homenaxe a Lisardo Dorribo, socio e patrocinador do club desde a súa fundación, que faleceu esta pasada fin de semana.

Hyupersa con la UD Ourense
Hyupersa con la UD Ourense | Hyupersa