O OUFF iníciase con "La conspiración" de Pedro Olea

Este sábado comeza en ourense a decimooitava edición do "festival de cinema independente" cuxa gala de inauguración  ás oito e media da tarde no auditorio municipal ca proxección do filme “A conspiración” de Pedro Olea.

ondacero.es

Ourense | 15.11.2013 14:33

Este sábado comeza en ourense a decimooitava edición do festival de cinema independente cuxa gala de inauguración será ás oito e media da tarde no auditorio municipal ca proxección do filme “A conspiración” de Pedro Olea. O director vasco recibirá o premio cidade de Ourense que recoñece a sua traxectoria e o seu vencellamento profesional e persoal a Galicia onde rodou o documental "Xantares" e o filme "El bosque del Lobo".

Dende a organización defenden a calidade e consolidación do festival no que entrarán en competicion pola calpurnia dez filmes de distintos países como Kosovo, Letonia, Guinea ecuatorial ou Estados Unidos. A competición terá tamén presencia galega coa proxeccion de “El triste olor de la carne” e “O raio” coproducida con Portugal. O cine galego estará presente tamén na sesión de clausura co filem "MIR" de Gonzalo Colmeiro e dentro das sesions documentais ca estrea o vindeiro luns dun documental sobre o grupo ourensán Los Suaves ou a estrea mundial de "Metilico. La bebida de la muerte". As proxeccións faranse principalmente no auditorio municipal ainda que tamén no Teatro Principal e no centro cultural Marcos Valcárcel.