A Garda Civil de Ourense investiga a un conductor que ocasionou dous sinistros viais nun tramo de 1 kilómetro, fuxindo do primeiro e cuadruplicando a taxa de alcolemia.
O suceso ocorríu no vial principal do polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Os testemuños e as cámaras de vixiancia permitiron contrastar a responsabilidade do investigado na comisión dun delicto de conducción temeraria e de outro de conducción baixo a influencia de bebidas alcólicas, tipificados no código penal o que lle podería supoñer penas de prisión de 3 a 6 meses e de suspensión do carnet de conducir de 1 a 4 anos..
Dende o Subsector de Tráfico da Garda Civil lembran que o alcol é un dos factores de risco máis frecuentemente implicados nos sinistros viais estando presente entre o 30 e o 40% dos sinisttros mortais.