Medio Ambiente

A Xunta salienta o obxetivo dunha Europa mais verde

A responsable de Medio Ambiente subliña as medidas económicas e de ordenación impulsadas polo Goberno galego, cun investimento de máis de 5,3 M€ nos dous últimos anos para preservar os parques naturais.

Óscar Gómez

Ourense | 25.05.2021 08:10

A Xunta salienta o obxetivo dunha Europa mais verde
A Xunta salienta o obxetivo dunha Europa mais verde | onda cero

Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o Parque Natural do Invernadeiro, con motivo do día europeo destes espazos, que neste ano leva por lema Parques: a próxima xeración. Alí salientou que Galicia é unha rexión referente no continente, grazas aos seus seis parques naturais e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

Segundo manifestou a conselleira o Goberno galego traballa en dúas direccións para mellorar e conservar o patrimonio natural que atesoura a Comunidade. Por unha banda, destacou o esforzo do Goberno galego para levar a cabo actuacións directas que garantan unha visita responsable á contorna. Nese sentido, subliñou que nos últimos dous anos se mobilizou un orzamento de máis de 5,3 millóns de euros para conservar os valores que os parques naturais e o parque nacional, entre as que están incluídas os 1,17 millóns de euros de axudas concedidas a empresas, particulares, concellos e asociacións ambientais.

Por outra banda, coa elaboración de plans reitores de usos e xestión, uns instrumentos que permiten o equilibrio necesario entre o usos destes espazos e a súa imprescindible conservación. O primeiro parque en contar con esta figura foi o das Illas Atlánticas, aprobado en 2018; ao ano seguinte aprobáronse os PRUX de Serra de Enciña da Lastra e O Invernadeiro; e, en marzo de 2020, entrou en vigor o plan reitor de Monte Aloia.

Así mesmo, avanzou que o vindeiro Consello da Xunta aprobará o PRUX do Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; mentres que ao longo deste ano se

manterán os traballos de redacción dos dous parques restantes: Baixa Limia- Serra do Xurés e Fragas do Eume.

Proxecto para os fondos europeos

Segundo manifestou a conselleira, este traballo non cesa e por iso a Xunta opta aos fondos europeos do plan de recuperación estatal cun ambicioso proxecto para a conservación da biodiversidade e do patrimonio na Rede de parques naturais de Galicia. Precisou que co conxunto das medidas prevese mobilizar un orzamento de 16 millóns de euros, para actuar en máis de 800 hectáreas, apostando pola mellor adaptación ao cambio climático destes espazos protexidos.

A conselleira de Medio Ambiente aproveitou a visita para agradecer o traballo que realiza cada día o persoal dos parques, un labor crucial para custodiar a riqueza natural que agochan estes lugares e para concienciar a quen nos visita. Neste sentido, recordou que este mes de maio se estreou un novo programa de voluntariado ambiental con case 230 prazas para a realización de 20 actuacións nos sete parques de Galicia, así como noutros espazos protexidos. O obxectivo deste novo programa é fomentar a implicación dos mozos no coidado da natureza.

Aclarou que no caso do programa de voluntariado en O Invernadeiro, esta actividade celebrarase entre o 11 e o 13 de xuño, e está aberta a doce participantes no albergue de Vilariño de Conso.

Na visita tamén participaron axentes dos parques galegos, para poñer en valor o traballo de todos os traballadores que velan cada día pola diversidade destes espazos. A modo de exemplo, destacou os coidados que recibiu un exemplar de azor no Centro de recuperación de fauna do Rodicio, e que esta mañá foi soltado pola conselleira, coa axuda do persoal do Invernadeiro, pra engrosar a poboación de azor no Macizo Central.

Por último, a conselleira tivo un recordo para Fernando Soñora Abalo, un axente ambiental, falecido este fin de semana, que sempre será un exemplo do nivel de compromiso que estes profesionais teñen co medio ambiente.