Coronavirus

A Xunta retirará dende o sábado a prohibición de xuntanzas de non convivintes nas madrugadas

Tamén se ampliarán de novo os horarios de peche de bares e restaurantes ate a unha pola semana e unha e media en fin de semana.

Óscar Gómez

Ourense | 27.01.2022 08:54

A Xunta de Galicia co asesoramento do Comité Clínico retirará dende o sábado a prohibición de xuntanzas de non convivintes nas madrugadas que establecera no nadal (o denominado toque de non queda). Tamén se ampliarán de novo os horarios de peche de bares e restaurantes ate a unha pola semana e unha e media en fin de semana.

O ocio nocturno poderá pechar ás catro pola semana e as cinco en fin de semana. Permitirase consumo en barra e manterase a limitación de grupos de 8 persoas en interior e 10 no exterior. No entroido a Xunta permite desfiles, bailes itinerantes e exhibicións musicais pero prohíbe fumar nos espazos nos que se desenrolen.

A mascariña e distancia social son obrigatorias e tamén se esixirá certificado covid en actos multitudinarios nos que esté autorizada a venta de bebida e comida. Anque a Xunta permite a celebración de espectáculos, o máximo de persoas no exterior será de 500 e no interior de 200. O conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña asegurou que as medidas se toman porque "xa pasamos o pico da pandemia desta sexta onda" e "as anteriores medidas foron efectivas" anque admite que "calquera decisión que se tome sempre ten o seu risco".

Entroida Xinzo
Entroida Xinzo | onda cero

Á espera de saber cómo se adaptarán os entroidos aos protocolos da Xunta, na provincia de Ourense os concellos cos entroidos máis tradicionais coma Xinzo, Laza, Verín, Viana e Vilariño, chegaron a un acordo previo de non celebrar actos multitudinarios anque sí haberá charangas nas rúas durante o día.

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira lama cree que "este ano será de transición" e que debido á incidencia da pandemia "aínda é aconsellable tomar utilizar o sentido común e tomar precaucións".