Ourense Provincia

VII Xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de proteccción civil

Na Xornada haberá ademais un ‘Acto de recoñecemento a labor feita polas voluntarias e voluntarios o longo da súa traxectoria e actividade en Protección Civil’ mediante a entrega de medallas e condecoracións.

Óscar Gómez

Ourense | 11.10.2023 08:46

VII Xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de proteccción civil
VII Xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de proteccción civil | onda cero

A VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de outubro, a partir das 8:30 h en O Pereiro de Aguiar - Ribeira Sacra e na que participarán preto de 500 voluntarios e voluntarias de protección civil e 65 AVPC de España.

O delegado territorial subliñou que ao igual que en edicións anteriores preténdese facer unha xornada que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España; e se achegue o traballo desenvolvido á cidadanía amosando o gran capital humano dos seus membros, con preto de 4.500 voluntarios e voluntarias formando parte das 235 agrupacións de Protección Civil en Galicia.

Gabriel Alén explicou que neste ambiente de convivencia realizaranse diferentes talleres prácticos no entorno natural Ribeira Sacra para tratar de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias.

Nestes talleres colaborarán empresas e organismos como os Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que mostrarán as técnicas de control da Vespa Velutina. Ademais os voluntarios e voluntarias poderán desfrutar, grazas as empresas Fast Autos e Marvic, dun clásico coche de rallyes o Ford Escort MK I encadrado dentro do taller sobre seguridade en rallyes. Os voluntarios de voluntarias das AVPC de Castrelo e Ourense, farán prácticas de rescate acuático co emprego de motoacuática. E terase ademais exposicións, exhibicións e novidades en material de emerxencias e protección civil por parte de empresas como Peycar, Air Box, Misutonida, Urbantech e Clickfer Gorgoso.

Un amplo programa de actividades no que, ademais, -segundo o delegado territorial- “as voluntarias e voluntarios de protección civil descubrirán as sensacións dun paseo en catamarán desfrutando da paleta de cores co que nos obsequia o Canón do Sil en outono, o que converte esta xornada nun evento único.”

Na Xornada haberá ademais un ‘Acto de recoñecemento a labor feita polas voluntarias e voluntarios o longo da súa traxectoria e actividade en Protección Civil’ mediante a entrega de medallas e condecoracións. Este acto terá lugar durante o xantar de confraternidade, que servirá como clausura das xornadas.

Na organización das xornadas colaboran Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense, Deputación Provincial de Lugo, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e os concellos de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar. O vindeiro sábado 21 de outubro a partir das 8:30 h en O Pereiro de Aguiar darán comezo as VI Xornadas de Protección Civil – Ribeira Sacra 2023.

VII Xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de proteccción civil
VII Xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de proteccción civil | onda cero

Compromiso da Xunta

O delegado territorial destacou o firme compromiso da Xunta coas AVPC de Galicia. Así, nos últimos anos destináronse mais uns 23M€ en apoiar e facilitar a importante labor destas agrupacións estendidas por case todos os concellos de Galicia. O cal se ten posto de manifesto nestes anos en tres liñas fundamentais de actuación.

En primeiro lugar, axudas dirixidas a financiar os custes de funcionamento destas agrupacións, destinando a estes efectos unha cantidade de case 4 millóns de euros. Neste ano 2023, na provincia de Ourense foron beneficiarias desta axudas un total de 66 AVPC, por un importe de máis de 116.300 euros.

En segundo lugar, dotación de material e equipamento de emerxencias de distinta tipoloxía para a cobertura dos diferentes riscos que se poden producir na nosa comunidade, destinando a estes efectos mais 14 millóns de euros nos últimos anos. En terceiro lugar, formación do voluntariado de protección civil, destinando nos últimos anos ascende a 5M€.

O material cedido responde ao obxectivo de que todas as AVPC contén por un lado co equipamento imprescindible para o seu funcionamento, entre o que compre destacar vehículos todoterreo e remolques de emerxencia, e por outro lado con material específico para a atención das emerxencias mais probables no seu territorio como poden ser cuñas ou coitelas quitaneves e esparexadores de sal nos concellos de montaña ou embarcacións nos concellos costeiros ou con encoros onde se practican actividades de recreo.

Este equipamento permitiu mellorar a capacidade de prevención e reducir os tempos de resposta ante riscos e emerxencias derivados dos diferentes sinistros (incendios forestais, inundacións, etc.) aos efectos de garantir a seguridade de persoas e bens, así como a protección do medio ambiente. Froito do traballo realizado durante estes anos pode concluírse que practicamente todas as Agrupacións contan con vehículo de emerxencias e unha porcentaxe moi elevada con remolque e carpa para emerxencias.

Neste ano, a Xunta continúa apoiando e dotando aos concellos con AVPC de material a cuxos efectos se publicou unha orde de axudas pola que se cederán á provincia de Ourense 8 remolques de atención a emerxencias, 20 tendas de campaña e por primeira vez 21 kits de material loxístico de seguridade vial, 21 kits de ferramentas eléctricas para a atención a emerxencias e 21 kits de material para emerxencias no medio acuático.