Con 30 nadadores o Club Natación Escula acadou o terceiro posto cun total de 1164 puntos, por detrás do CN Rias Baixas que quedou segundo con 1327 puntos e por detrás do CN Ponteareas que acabou sendo campión con 1906 puntos.
O que destaca é que neste campionato os dous equipos, Masculino e Feminino, subiron ao podio con segundo e terceiro postos, o que levou a conseguir o terceiro posto da clasificación total e cun número de nadadores moi inferior ao primeiro e segundo clasificado.
O bote de medallas conseguido poos nadadores do Club Natación Escualos foi incrible con case un centenar de metais e acadando varios Récords Galegos, destacando o récord galego no Relevo de Estilos na categoría +200. É o primeiro rexistro de relevos da historia do club. Un campionato de gran nivel no que participaron 30 equipos, dos que só dous son Ourensanos.