Comercio

Os socialistas reclaman un plan estratéxico para o comercio de Ourense

No último ano, case 300 autónomos déronse de baixa da Seguridade Social na nosa provincia e deles, aproximadamente, a metade eran comerciantes.

Óscar Gómez

Ourense |

Os socialistas reclaman un plan estratéxico para o comercio de Ourense
Os socialistas reclaman un plan estratéxico para o comercio de Ourense | onda cero

Dende o grupo municipal socialista lembraban recentemente ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, que xa existe a comisión de seguimento das obras da Praza de Abastos n°1 que anunciaba querer poñer en marcha e que o PP de Ourense votou a favor, afinais do ano pasado, dunha inicitiva do PSdeG no Concello para instar a que se reactivase dita comisión.

Ante o interese amosado públicamente por parte do responsable da carteira no goberno autonómico para desbloquear a situación actual, as e os socialistas presentarán unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia, tal e como explica a deputada pola provincia, Carmen Rodríguez Dacosta. “Ten unha forma de axudar á cidade e é poñendo enriba da mesa o presuposto axeitado para conseguir que se arranxe o rianxo e este lugar emblemático estea, por fin, a disposición da veciñanza e dos e das praceiras”, incide.

Ademais, reclamarán que dende a Consellería se elabore un plan estratéxico para dinamizar o comercio en Ourense e que se mude a tendencia negativa na que o sector se atopa inmerso. “Gustaríanos, tamén, que se preocupe polos autónomos e autónomas. No último ano case 300 déronse de baixa da Seguridade Social na nosa provincia e deles, aproximadamente, a metade eran comerciantes”, engade.