O Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño presentou oficialmente ao novo xerente da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Santiago Camba que sustitúe a Félix Rubial tras cinco anos no cargo.
Nun acto celebrado no Complexo Hospitalario de Ourense, o conselleiro aproveitaba para lembrar os cambios que quere realizar na sanidade galega, partindo da premisa de que "xa temos unha sanidade de primeirísmo nivel da que sentirnos orgullosos". Sen embargo para Caamaño compre que a sanidade sexa "optimizada" e que haxa "un pacto entre administración, profesionais e sociedade". Para elo ofrece "diálogo" e plantexa, entroutros obxetivos, que "se non se traballe máis senón mellor" e que haxa unha "interacción real entre a atención primaria e hospitalaria".
Para Antonio Gómez tamén é fundamental "adaptar o sistema ás necesidades dunha poboación avellentada e aos novos profesionais sanitarios". Quere Caamaño que "os médicos traballen "de médicos" con menos burocracia e reducir as listas de agarda".
O conselleiro expresaba a sua máxima confianza no novo xerente, Santiago Camba. Camba, con dilatada experiencia profesional e política, era ate agora coordenador cirúrxico e de traumatoloxía no Hospital do Barco de Valdeorras de onde quere exportar algunhas das experiencias que considera "exitosas" entre a atención primaria e hospitalaria.
Na sua presentación agradecía a confianza depositada nel e recoñecía sentirse "asustado" pola responsabilidade dun ámbito tan complexo e no que segundo sinalou "falta persoal e quedan por diante anos duros". Neste contexto Camba Bouzas comprometíase a afrontar esta nova etapa con "diálogo, esforzo e traballo" para coidar non só aos cidadáns senón tamén aos profesionais".
Mentres o xerente saínte Félix Rubial tivo palabras de agradecemento para todolos profesionais, en especial para o seu equipo, tamén para a sua familia e para os pacientes e colectivos de pacientes aos que pediu "desculpas" por aqueles obxetivos que non foi quen de lograr.