O pasado sábado ás 16:00 horas no Be One As Lagoas celebrouse o primeiro Festival de Natación Campus Auga. O festival contou coa participación dunha trintena de nadadores que se lanzaron á auga para gozar dunha das 5 probas nas que se nadaron. 50 m bolboreta, 50 m costas, 50 m braza, 50 m estilo libre e 100 m combinado.
En canto á clasificación, había tres categorías, Sénior, Máster e Universitaria. Houbo premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría, feminino e masculino.
Destacamos que, ademais, estaban en xogo dous trofeos para os nadadores que completaron as 5 probas en menos tempo. O Trofeo Campus Auga para a categoría Universidade. Os gañadores foron: Claudia Álvarez Souto e Brais Pino Lorenzo. Tiña un vale para un mes gratuíto de Subscrición en Be One As Lagos Natalia Rivas Carcacia e Josue Pazos Alonso obtiveron o Trofeo Completo de nadador da categoría absoluta. Tiña un vale de compra de 50 euros no Bouso Intersport.
Todos os participantes tiveron algún agasallo fóra do concurso, camisetas, botellas de Aceite Abril, bolsas con diferentes agasallos de Domusvi, etc...
O Festival Campus Auga tamén foi un acto solidario xa que para participar había que levar alimentos perecedoiros ao Banco de Alimentos de Ourense.